Thursday 02 de May de 2024

Novas restricións temporais de tráfico en varias rúas da cidade dende o luns pola rodaxe da segunda tempada da serie “Rapa”


A grabación da segunda tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade implicará algunhas restricións no tráfico rodado e espazos de estacionamento en varias rúas da cidade a vindeira semana.

Na xornada dos días 2 e 3 de novembro entre as 7.00 e as 20.00 horas rodaranse escenas na rúa 25 de Xullo e dende o martes 1 ás 22.00 horas ata o xoves 3 ás 22.00 horas reservarase espazo de estacionamento para vehículos nas rúas Don Pelayo, Marina Española e Virxe da O.

Haberá nesas xornadas cortes puntuais de tráfico se fosen necesarios por razóns da grabación de son na intersección das rúas Don Pelayo e Roncesvalles.